xoves, 26 de xaneiro de 2017

Actividade a partir dunha foto

A miña compañeira Lara e mais eu propoñemos unha actividade dirixida a alumnos do segundo ciclo da E.S.O (3º y 4º). A idea é chegar a clase e proxectar esta imaxe (supoñendo que o colegio dispón de material tecnolóxico; de non ser así, imprimiriamos un pequeno póster e o colocariamos no encerado).



Unha vez exposta a imaxe, presentamos o tema: “encántame o deporte, intento practicar algún entre 3 e 4 veces por semana. Moitos de eles requiren dalgún instrumento particular para poder realizalo. ¿Que deportes practicades vos? E se non practicades ningún, ¿cal vos gustaría practicar? E se non vos gusta o deporte, expoñede o motivo. En parellas ídesvos facer estas preguntas”.
Deixámoslles tempo suficiente para que dialoguen (10 min) e avisámoslles de que deben prestar atención ás respostas obtidas xa que despois terán que recollelas nunha folla e compartilas co resto da clase, para que estes intenten adiviñar de quen se trata.


Con esta actividade pretendemos que os alumnos falen sobre un tema que lles pode interesar, co cal estén familiarizados e forme parte da súa realidade. Tamén practican o diálogo dunha forma espontánea, a formulación de preguntas, o vocabulario dos deportes, as estructuras “me gusta, no me gusta, me aburre, lo odio…”; pensamos que se trata ademais dun bo exercicio de argumentación, e pedímoslles que o recollan por escrito para que fixen mellor os conceptos e vocabulario aprendido.

Por último, a parte de adiviña e recoñecemento é un momento no que podemos ter a toda a clase atenta e entretida xa que podería considerarse un xogo no que eles son os protagonistas; coma un ¿Quién es quién? pero feito a partir deles mesmos e coas súas actividades favoritas.

    Unha pequena ampliación

Podería ser unha boa idea introducir un pequeno paso: ocórreseme que para espertar a súa curiosidade, antes de iniciar o traballo en parellas vou abrir o tema proxectando (ou pegando no encerado) fotos nas que saio eu practicando distintos deportes: unha foto cunha raqueta de tenis nunha pista, outra cunha pelota de baloncesto nunha cancha, outra facendo senderismo e, por último, unha patinando. Aos alumnos lles resultará gracioso ver á súa profesora fora do papel de maestra e practicando deporte, e esto animaralles a participar e a ir practicando parte do vocabulario que necesitarán para a actividade que vén a continuación.

2 comentarios:

  1. Boa idea como ampliación. Supoño que aproveitarás esas fotos, por exemplo, para facer algún traballo inicial, que podería ser Poñer na pizarra os interrogativos: Qué? Cuándo? Cómo? etc, e pedirlles que fagan preguntas con cada un respectp ás fotos.

    ResponderEliminar
  2. Non o pensara, pero paréceme unha boa idea.

    ResponderEliminar