xoves, 12 de xaneiro de 2017

Bebés plurimultilingües

      ¿A que idade comezamos a estudar inglés? Hoxe abrimos a clase plantexándonos esta pregunta; aos seis anos, oito, once... E, ¿parécenos esta unha idade recomendable para iniciar o estudo dunha segunda lingua? ¿Cando se supón que é o momento ideal?



      Sempre me plantexei a idea de que cando teña fillos quero que a miña parella lles fale en galego e eu en francés, e na escola inglés e castelán. É certo, cando penso no meu futuro, entre a casa con xardín e as viaxes trimestrais atópase este ideal da ensinanza de linguas que xerminou en min durante o primeiro ano do grado, estudando lingüística. E non é que me volvera tola; é que o profesor explicounos a diferenza entre aprender e adquirir unha lingua. No meu caso, eu adquirín dende que nacín o galego e o castelán, que son as miñas linguas maternas; pola contra, aprendín inglés (máis ben, comecei a aprender) a partir dos seis anos. Con esto quero dicir que cando te expós a unha lingua xa dende os teus primeiros anos de vida, a adquires, interiorizas os seus sons, as súas estructuras sintácticas e gramaticais, a pragmática, ...; desenvolves unha serie de competencias que, de non ser así, non chegarías a conseguir xamais. Canto máis tardes en comezar o contacto cunha lingua, menos competente chegarás a ser nela.
       Por todo isto é polo que eu teño moi clariño que, como comecei dicindo, quero que os meus futuros fillos adquiran dende o primeiro momento (se me apuras, xa dende o embarazo) estas catro linguas. Quero que sexan plurilingües con tódolos beneficios que isto implica, non so os que atenden estrictamente á adquisición de determinadas linguas (desenvolvemento cerebral, disposición para futuras novas linguas, incluso evitar ou retrasar demencias mentais). ¿Seguro? ¿E que posibles contraindicacións podería ter esta fantasía miña? ¿Non son demasiadas linguas? Penso que quizá o primeiro problema co que me podería atopar sería abrumar aos meus benqueridos e retrasar o seu momento de comezar a falar... con sentido. O esperable sería que durante varios anos mesturasen as catro linguas sen saber diferencialas, que se frustrasen fronte aos seus compañeiros de clase que xa saben falar correctamente, que se convertan en peroas extremadamente introvertidas, que non se atrevan a falar, que se vexan retrasados noutras materias pola barreira da lingua... ¡quen sabe! ¿Compensaría entón nun futuro o dominio de catro linguas maternas fronte aos posibles problemas sociais, de inserción e relación, e outros que puidesen xurdir? Quizá outra xente entenda máis razoable comezar con tres linguas (galego, castelán e outra) e aos seis anos, cando xa máis ou menos as diferencie, introducir unha cuarta; non é o mesmo que dende os cero anos, pero bueno, hai que mirar en tódalas direcións; ou incluso olvidarse de tonterías e modernidades e centrarse nas matemáticas.
        Por suposto, todo isto que comecei dicindo é un conto, pero sérveme para plantexar este pequeno debate que me trae bastante curiosidade, ao observar como moitos pais e nais desta última década procúpanse por este tema e algúns atopáronse con estos problemas que comentei. ¿Que pensades, rapazolas?

5 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. No meu conto eu quero viaxes trimestrais, unha casa con horta e unha filla plurilingüe coma Xulia.
    A coñeces? Ela non parece ter moitos problemas, non cres?

    Mira:
    http://eufalo.tv/video/xulia/

    ResponderEliminar
  3. Yo también tengo claro que mis hijos van a ser plurilingües. Yo les voy a hablar en polaco y aunque la gente me dice que mejor enseñarles el inglés ya que tiene más utilidad, mi prioridad es mi lengua materna porque quiero que mis hijos se puedan comunicar con mi familia de Polonia, así que para mi es muy importante. Y el resto ... mi marido les va a hablar en castellano y los abuelos en gallego. Con esto ya son tres y claro aún esté el inglés, pero esto ya en la escuela y después la segunda lengua extranjera. Parece que la próxima generación va a ser increíble !

    ResponderEliminar
  4. Estou totalmente de acordo, Iria! As linguas apórtannos unha riqueza cultural e intelectual incrible. Por que desaproveitar o feito de termos dúas linguas maternas, como son o galego e o castelán? Se ademais temos linguas estranxeiras das que botar man...como di Malwi, isto promete!

    Por certo, bravo por Xulia!

    ResponderEliminar