Todos estamos de acordo en que como realmente se demostra a destreza dunha lingua é na oralidade, ao falar, ao manter unha conversación. O nivel de soltura, de comprensión, a correcta pronunciación, o coñecemento da pragmática. Eso é para nós, como seres sociais, o máis importante. Pero, ¿realmente é o máis importante, ou é que inconscientemente, como é a última das destrezas que se adquire, elexímola porque con ela van incluidas tamén as competencias escritas? Pode que este feito nos leve lixeiramente a engano ao afirmar que a competencia oral é a máis importante, pero se tivésemos que elexir entre saber falar ou saber ler e escribir nunha lingua estranxeira, todos, ou a meirande parte da poboación mundial, elexiríamos poder conversar. Isto é porque queremos a lingua para socializar, e a nosa principal forma de relacionarnos é en persoa, mediante a fala. De feito, ata o século pasado había todavía un alto grado de analfabetismo na poboación e, sen embargo, isto non lles suponía o mesmo inconvinte que podería xerar nacer sordomudo. Certo é que agora, coas novas tecnoloxías, dise que as relacións estanse dixitalizando e mediante resursos como as redes sociais e as mensaxes instantáneas botamos man das competencias escritas, pero ainda así, sego a pensar que preferimos a oralidade.
Pois ben, tras esta pequena reflexión acerca das nosas preferencias á hora de aprender unha segunda lingua, agora lanzo unha pregunta: ¿e que é o que nos ensinan na escola, nos doce anos que estudamos inglés? Pois maioritariamente, a competencia escrita, así como nocións abstractas de gramática e sintaxe. ¡Como non nos imos frustrar, se despois de tanto tempo non nos ensinan a falar! Está claro que é necesario un cambio, e dende hai uns anos xa se está tratando de conseguilo, especialmente nas academias. ¿E por que non na escola? Pola necesidade de avaliación.
Cada curso, os profesores de linguas estranxeiras vense na obriga de ter que avaliar aos seus alumnos mediante unha cifra numérica. Por costume e tradición, esa cifra correspóndese cos resultados dun exame escrito (ou varios), e todo o que o alumno demostrara de forma oral nas clases ao longo do curso unicamente incide nesa cifra para redondear os decimais. ¿Cal é o obxectivo? Que os rapaces aprendan inglés. ¿Como medimos se o obxectivo se cumple? Mediante exames. ¿Que avaliamos nos exames? A competencia escrita e lectora. Por tanto, a docencia vai destinada a desenvolver estas destrezas, descuidando as orais, que non son avaliadas.
Deixando de lado o debate de que forma é a adecuada para avaliar a aprendizaxe (exames finais frente ao traballo continuo), vemos que o sistema de avaliación é o que xerarquiza e prioriza as destrezas escritas frente ás orais, e por eso tras tantos anos e máis anos de estudo non sabemos falar inglés. Penso que unha posible solución sería replantexar a metodoloxía didáctica: por un lado, eliminaría os exames, que nesta materia so serven para crear tensión e condicionar a aprendizaxe; por outro lado, invertiría máis tempo en avaliar as competenciais orais e, por tanto, en traballalas. Unha asignatura tan dinámica como é aprender unha lingua estranxeira ofrece infinitas posibilidades de actividades avaliables de carácter práctico, para calquera das catro destrezas e de forma integrada.
O problema de eliminar exames é a cantidade de alumnos por aula que hai que avaliar de xeito numérico. Tal e como está a situación penso que é máis práctico enfrontarse á como facer esas probas de avaliación (para afastarse do concepto tradicional de examen)sexan máis fiable á hora de avaliar competencias e destrezas.
ResponderEliminarAgora que estou no instituto coas prácticas, ao falar de métodos para avaliar de forma obxectiva, o meu profesor confesoume que isto das rúbricas por sorte cada vez se emplean máis pero que todavía quedan moitos profesores que pensan que non son necesarias e pasan totalmente de crealas. E agora vexo que non só nos axudan a nós a correxir, senón que aínda son máis útiles para eles: para comprender que é máis importante, onde deben concentrarse; e tamén para practicar a corrección a si mesmos ou a outros compañeiros.
EliminarNon é certo que as destrezas orais non se avalíen. Haberá quen non o faga, pero asegúrote que moitos si o facemos.
ResponderEliminarGústame o teu título,ten presente sempre o que os teus alumnos necesitan para saber.
Xa, por suposto non podo xeralizar, pero falando da miña experiencia non din con profesores que avaliaran as nosas destrezas orais; incluso, cando buscaban un voluntario para ler un texto ou facer algunha práctica deste tipo, automaticamente invitaban aos que mellor nivel tiñan para "acabar antes".
Eliminar