Chamamos CALL a un tipo de didáctica que emprega as tecnoloxías da información e a comunicación, e con isto non nos referimos a empregar unha pizarra electrónica para proxectar un esquema en power point como apoio á túa clase maxistral.
Teño vintecatro anos e crecín na cultura dixital. O meu irmán é un freaky da informática, a miña nai sempre está aprendendo cousas novas, pero o meu pai e mais eu nunca nos sentimos especialmente atraídos polas novas tecnoloxías. Teño varias contas de correo electrónico, facebook, instagram, falo máis do que quixera por whatsapp, digamos que non vivo na idade de pedra e me desenvolvo nestes rituais sociais, pero cada vez que teño (e digo teño porque sempre é por obriga e non por inquietude propia) que coñecer ou comezar a empregar un novo tipo de tecnoloxía ou medio informático, o meu cerebro automáticamente chora por queee?!
Non o digo con orgullo e son consciente de que é un grave problema. Esta falta de interese lévame a necesitar moito máis tempo para aprender do que necesitaría calquera outra persoa da miña mesma idade. Ainda así, despois de todo o que descubrín e aprendín nestes últimos meses acerca da explotación didáctica que podo conseguir, vexo totalmente necesario seguir pelexándome con estes aparellos insensibles e admiro a aqueles profesores que o fan. ¿E por que?
- A aprendizaxe é ubicua. Xa sexa un MOOC, totalmente online, ou unha actividade de reforzo que lle propoño a un alumno para que a faga na casa, e según a desenvolve, por exemplo, no drive, xa lle podo correxir no mesmo momento.
- Facilita unha aprendizaxe activa. En internet dispoñen de infinita información a un clic, de maneira que a idea do profesor enciclopédico queda superada polo alumno que busca e investiga de forma autónoma ou coa supervisión docente.
- Ofrece unha comunicación multimodal, isto é, con vídeos, música, imaxes, ... recursos máis variados e atractivos para o alumnado que ofrecer un ensino máis estimulante e lúdico. Por exemplo, para explicar o tema da realidade e o deseo no Quijote podemos proxectar un fragmento dun capítulo de The Big Bang Theory e comparalo co continuo choque social que padece Sheldon Cooper coa realidade que o rodea.
- Feedback recursivo. Podemos crear unha rede social, ou mesmo dentro do propio facebook, ou nun blog, un sistema no que os alumnos participen, publiquen actividades, e entre eles se poidan comentar, así como tamén o profesor.
- Aprendizaxe colaborativa. Potenciar o traballo en equipo pode resultar moi positivo para os nosos alumnos e as novas tecnoloxías axúdannos mediante multitude de ferramentas que evitan a necesidade de reunirnos físicamente.
- Metacognición. A aprendizaxe por parte do alumno é máis autónoma e, por tanto, este é consciente do que aprende e do que non, do que necesita reforzar e, o máis importante, que estratexias lle axudan máis e que recursos debe tomar para seguir aprendendo.
- Aprendizaxe diferenciada. Esa gran necesidade de ofrecer unha atención personalizada, da que falei na entrada anterior, pode solventarse gracias a este tipo de didáctica.
Por suposto, unha ensinanza baseada nas novas tecnoloxías da información e a comunicación esixe que tódolos alumnos teñan acceso a elas. De ser así, vexo tan evidentes os beneficios, ese papel activo que lle otorga ao alumno, esa atención máis personalizada, así como o atractivo e motivador que lles pode resultar, que a pesar do esforzo e as horas que require por parte dos docentes non dudo de que como futura profesora botarei man de tódolos recursos que poda dispoñer e preocupareime por innovar e manterme ao día da realidade virtual que nos rodea.

Ningún comentario:
Publicar un comentario