As alumnas de linguas estranxeiras queremos agradecervos o voso esforzo e todo o aprendido. ¡Rematamos as clases cun moi bo sabor de boca!
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Fontenla b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Fontenla b>. Amosar todas as publicacións
luns, 6 de marzo de 2017
xoves, 2 de febreiro de 2017
Debate: ¿demasiados deberes?
Cada vez que vexo este vídeo se me poñen os pelos de punto ao ver aparecer aos nenos detrás da cortina. Pero, ¿realmente os nenos están tan sobrecargados de traballo? No debate final do curso no que nos reunimos os dous grupos de linguas estranxeiras con Ana e mais Luz, compartimos a nosas distintas percepcións e experiencias. Algunhas compañeiras recordaban os anos de instituto con angustia e con esa sensación de non ter en absoluto tempo para descansar. Eu, pola contra, penso que este vídeo é unha esaxeración aínda que si creo que pode ser que en outros centros a experiencia poida ser distinta da miña.
Considero necesario o traballo extraescolar e que forma unha parte imprescindible da aprendizaxe: cada día, os nenos, deben fixar todo o aprendido pola mañá para que o día seguinte poidan seguir o ritmo e continuar aprendendo máis. Por suposto, dun modo sensato e responsable; os profesores non podemos olvidar que teñen máis materias aparte da nosa.
Non obstante, si hai algunhas cousas coas que estou de acordo co vídeo e que me parecen criticables. Nas vacacións de verán unicamente teñen que seguir traballando aqueles que non o fixeron o suficiente durante o curso e suspenderon; pero as de Nadal e Semana Santa, especialmente estas útlimas, así como as pontes, os alumnos rara vez as poden destinar ao descanso. Pola contra, os profesores aproveitan para cargalos de traballos e exames á volta. Penso que para que os rapaces poidan rendir plenamente durante o curso é necesario que de vez en cando disfruten de tempo para descansar e desconectar, porque se non, terán que facelo en plena semana. E as fins de semana tamén deben ser para eles.
Outra cousa que tamén lembro moi fastidiosa era o reparto de datas para os exames: tódolos profesores querían aproveitar para examinar ata o último minuto da materia e o resultado era que nos últimos tres ou catro días do cuatrimestre tiñamos tódolos exames á vez, chegando a ter tres nun mesmo día. Paréceme unha locura. Non é necesario examinar a materia para asegurarse de que a reteñan; debemos priorizar intereses e vexo máis importante que os rapaces acudan ben preparados aos exames, sen ataques de nervios nin bloqueos ante tal acumulación de probas. É deber dos profesores consensuar as fechas dunha maneira lóxica e ordeada.
Dito esto, tamén quero poñer énfase noutro aspecto importante e influinte neste agotamento e que no vídeo non se menciona, que é o desbordamento de actividades escolares ás que acuden hoxe en día os rapaces. Cando eu era pequena, os meus pais so nos deixaban ao meu irmán e a min acudir a dúas: natación e a que nós elexiramos, e así eu tiven que ir elexindo entre ximnasia rítmica, debuxo, baile e patinaxe, porque todo non o podía facer. Pero agora, fruto da cultura consumista, fruto tamén do interés dos pais por telos ocupados, os rapaces acuden cada día a distintas actividades e clases extra que, loxicamente, agotan aos rapaces e lles restan tempo de traballo.
En resumo e conclusión, como futura docente afirmo que mandarei traballo para casa aos meus alumnos, unhas veces máis e outras menos, pero intentarei ter en conta tamén as súas necesidades de descanso así como as obrigas que poidan ter con outras asignaturas. Unha compañeira mencionou a posibilidade de introducir un taboleiro de deberes na clase, de maneira que os profesores sexan máis conscientes do traballo que teñen os seus alumnos; paréceme unha boa idea, sempre e cando os das primeiras horas non caigan no erro de ocupar eles todo.
Debate: características dun bo profesor
Estos últimos anos estudiei filoloxía española, un grado que me namorou dende o primeiro curso e co cal disfrutei cada asignatura, apaixoada entre a lingua e a literatura. Adoraba calquera temario, dende a literatura medieval ata as vanguardias, dende a fonoloxía ata a pragmática. Pero se disfrutei tanto da carrera foi, en gran medida, gracias a que tiven excelentes profesores. Pola contra, se volvemos á máquina do tempo e retrocedo uns anos máis, sitúome na secundaria e o meu cúmulo de sensacións é máis contradictorio. A moitos dos profesores nin sequera os lembro; algúns fixéronmo pasar verdadeiramente mal, e, afortunadamente, outros deron luz e marcaron positivamente aqueles anos de adolescencia nos que era tan difícil conectar co mundo dos adultos.
Sempre fun unha alumna obediente, respetuosa e traballadora. Non obstante, tamén arrastrei como estudante dúas pequenas sombras ou defectiños que son o "estar pero non estar" (hai un galego na lúa!) e a charlatanería. Son unha persoa tremendamente despistada, tanto cando estou reunida e pasándoo ben, como, máis aún, cando algo me aburre. Por eso, en clase, co paso do tempo, a experiencia ensinoume a tomar algunhas medidas e pequenos trucos para non perder o fío das explicacións (por exemplo, tomar apuntes de absolutamente todo o que se di, sexa ou non pertinente). Sen embargo, bolígrafo en man e folios preparados para a redacción, había algunhas asignaturas (por certo, bastante dispares: bioloxía, latín e antropoloxía) nas que recordo con emoción cómo me negaba a seguir o mesmo ritual de sempre; observaba atentamente aos meus profesores, o seu sorriso, a súa expresión corporal, disfrutaba escoitando cada palabra, a súa xuntura tonal, e por nada do mundo quería perderme nin un momento daquel espectáculo escribindo. Soamente necesitaba sentarme, abrir ben os ollos e mailos oídos, e atender. E agora que me estou preparando para ser unha futura (boa) profesora de español, penso: ¿qué superpoderes tiñan aqueles docentes, que conseguían absorberme durante cincuenta minutos?
Asignaturas, edades e sexos diferentes, pero todos eles compartían unha serie de características. En primeiro lugar, mostrábanse como persoas humanas (valga a redundancia); quero dicir que entraban por clase e saudaban alegres ou expresaban quexumbrosos que tiñan un mal día, pero igualmente se preocupaban por nosotros; eran naturales, humildes, e tratábannos con respecto, sen prexuizosantiadolescentes; creaban un entorno cálido no que calquera comentario era benvido, ningunha duda era tonta, mostraban simpatía e interés por nosotros; eran ese tipo de referentes aos que te atreverías a consultar calquera problema. Traían a lección preparada de casa e conseguían ligar calquera tema coa nosa realidade e os nosos intereses; nestas clases non so se falaba de células, declinacións ou o home das cavernas, senón que traballaban en nosotros un pensamento crítico e todo se relacionaba coas grandes preocupacións humanas e as curiosidades da vida. Se era necesario pararse máis sobre un tema, facíase, e non se molestaban por ello. E, sobretodo, creo que o que máis me enganchaba era a paixón, a paixón que transmitían polos seus coñecementos e a paixón por compartilos con nosotros. Como comecei dicindo ao comezo de esta reflexión, adoro a lingua e a literatura, e oxalá algún día poda compartir e transmitir aos meus alumnos toda a beleza, a utilidade e a maxia que sinto ao traballar este tema, así como servirlles de guía e apoio sempre que o necesiten.
mércores, 1 de febreiro de 2017
Benvidas a CLIL
Nunha das clases con Ana sumerxímonos no mundo CLIL ou AICLE. ¿Que queee? Aprendizaxe Integrada de Contenido e Lingua Estranxeira, isto é, a impartición de materias nunha lingua estranxeira. Sempre defendín que cando mellor se aprende unha lingua é cando esta pasa de ser un fin a ser un medio. Todos coñecemos a alguén que marchou uns meses a practicar inglés a Dublín e volveu cun nivel moito máis elevado que o que obtería nese mesmo tempo nunha academia en Vigo. ¿E por que? Porque alí a lingua, como dicía, deixou de ser un obxecto de estudo para ser un medio: un medio para relacionarse, para socializar, para facer a compra, para ir ó medico, para traballar, ... e, coma quen di, a necesidade fai o órgano. E de aquí que agora tódolos libros de texto incorporen simulacións de situacións nas que te poderías atopar no teu día a día.
Pois ben, o método AICLE propón o estudo dunha materia (matemáticas, bioloxía, historia, etc., calquera que non sexa outra lingua) nunha lingua estranxeira. Desta maneira, a lingua deixaría de ser un fin (con tódalas connotacións negativas que esto implica), non sería avaliada (¡fora presións!), e ampliaríamos o número de horas adicadas á súa práctica, especialmente á competencia oral (esa gran olvidada). ¡Parece que todo son beneficios! Os resultados obtidos en centros do Pais Vasco e Cataluña foron positivos, pero tamén é certo que os datos non son moi representativos xa que os alumnos sometidos a este programa eran os que xa tiñan de antemán un bo nivel nesa lingua estranxeira; cabería probar en que medida beneficiaría o nivel tanto en alumnos aventaxados como en aqueles que non teñan unha boa base.
Para a lingua estranxeira está claro que nunca están de máis unhas horiñas extra de práctica, pero, ¿e para a materia en concreto? Un posible inconvinte sería a ralentización ou escasa preparación na materia principal que se imparte. Tamén podería acontecer, por exemplo, que nunha asignatura coma xeografía os alumnos aprendesen o vocabulario específico en inglés (por exemplo) pero non na súa lingua materna, e que este feito a longo plazo puidese levar a un empobrecemento do noso idioma pola perda de termos propios a cambio de estranxeirismos. Todo é posible.
Outro problema é a preparación do profesorado. Actualmente, o mecanismo funciona con profesores aos que soamente se lles esixe un nivel na lingua estranxeira de B1 ou B2 (en función da cantidade de materia que se imparta nesta lingua), e ofréceselles un curso específico que conta cunha estadía no estranxeiro. ¿Un B1 é suficiente como para impartir unha clase con soltura e resultar un bo referente de falante para os alumnos? Por suposto que non. E un curso duns meses tampouco consegue que alguén se volva competente nunha lingua estranxeira.
Aínda así, sopesando os beneficios evidentes frente ás posibles contrariedades, sego opinando que me parece un fantástico método para mellorar as competencias dos nosos alumnos en linguas estranxeiras. Quizás o primeiro aspecto no que tocaría traballar sería nesa selección do profesorado e a súa preparación, xa que de non ser a correcta podería tirar moito traballo pola borda, así como estudar a posibilidade de ofrecerlles máis horas para as súas clases xa que, como dixen, o feito de impartir a materia noutra lingua supón a necesidade de máis tempo.
martes, 31 de xaneiro de 2017
O que necesito para aprobar fronte ao que necesito para saber
Todos estamos de acordo en que como realmente se demostra a destreza dunha lingua é na oralidade, ao falar, ao manter unha conversación. O nivel de soltura, de comprensión, a correcta pronunciación, o coñecemento da pragmática. Eso é para nós, como seres sociais, o máis importante. Pero, ¿realmente é o máis importante, ou é que inconscientemente, como é a última das destrezas que se adquire, elexímola porque con ela van incluidas tamén as competencias escritas? Pode que este feito nos leve lixeiramente a engano ao afirmar que a competencia oral é a máis importante, pero se tivésemos que elexir entre saber falar ou saber ler e escribir nunha lingua estranxeira, todos, ou a meirande parte da poboación mundial, elexiríamos poder conversar. Isto é porque queremos a lingua para socializar, e a nosa principal forma de relacionarnos é en persoa, mediante a fala. De feito, ata o século pasado había todavía un alto grado de analfabetismo na poboación e, sen embargo, isto non lles suponía o mesmo inconvinte que podería xerar nacer sordomudo. Certo é que agora, coas novas tecnoloxías, dise que as relacións estanse dixitalizando e mediante resursos como as redes sociais e as mensaxes instantáneas botamos man das competencias escritas, pero ainda así, sego a pensar que preferimos a oralidade.
Pois ben, tras esta pequena reflexión acerca das nosas preferencias á hora de aprender unha segunda lingua, agora lanzo unha pregunta: ¿e que é o que nos ensinan na escola, nos doce anos que estudamos inglés? Pois maioritariamente, a competencia escrita, así como nocións abstractas de gramática e sintaxe. ¡Como non nos imos frustrar, se despois de tanto tempo non nos ensinan a falar! Está claro que é necesario un cambio, e dende hai uns anos xa se está tratando de conseguilo, especialmente nas academias. ¿E por que non na escola? Pola necesidade de avaliación.
Cada curso, os profesores de linguas estranxeiras vense na obriga de ter que avaliar aos seus alumnos mediante unha cifra numérica. Por costume e tradición, esa cifra correspóndese cos resultados dun exame escrito (ou varios), e todo o que o alumno demostrara de forma oral nas clases ao longo do curso unicamente incide nesa cifra para redondear os decimais. ¿Cal é o obxectivo? Que os rapaces aprendan inglés. ¿Como medimos se o obxectivo se cumple? Mediante exames. ¿Que avaliamos nos exames? A competencia escrita e lectora. Por tanto, a docencia vai destinada a desenvolver estas destrezas, descuidando as orais, que non son avaliadas.
Deixando de lado o debate de que forma é a adecuada para avaliar a aprendizaxe (exames finais frente ao traballo continuo), vemos que o sistema de avaliación é o que xerarquiza e prioriza as destrezas escritas frente ás orais, e por eso tras tantos anos e máis anos de estudo non sabemos falar inglés. Penso que unha posible solución sería replantexar a metodoloxía didáctica: por un lado, eliminaría os exames, que nesta materia so serven para crear tensión e condicionar a aprendizaxe; por outro lado, invertiría máis tempo en avaliar as competenciais orais e, por tanto, en traballalas. Unha asignatura tan dinámica como é aprender unha lingua estranxeira ofrece infinitas posibilidades de actividades avaliables de carácter práctico, para calquera das catro destrezas e de forma integrada.
xoves, 26 de xaneiro de 2017
Actividade a partir dunha foto
A miña compañeira Lara e mais eu propoñemos unha actividade dirixida a alumnos do segundo ciclo da E.S.O (3º y 4º). A idea é chegar a clase e proxectar esta imaxe (supoñendo que o colegio dispón de material tecnolóxico; de non ser así, imprimiriamos un pequeno póster e o colocariamos no encerado).
Unha vez exposta a imaxe, presentamos o tema: “encántame o deporte, intento practicar algún entre 3 e 4 veces por semana. Moitos de eles requiren dalgún instrumento particular para poder realizalo. ¿Que deportes practicades vos? E se non practicades ningún, ¿cal vos gustaría practicar? E se non vos gusta o deporte, expoñede o motivo. En parellas ídesvos facer estas preguntas”.
Deixámoslles tempo suficiente para que dialoguen (10 min) e avisámoslles de que deben prestar atención ás respostas obtidas xa que despois terán que recollelas nunha folla e compartilas co resto da clase, para que estes intenten adiviñar de quen se trata.
Con esta actividade pretendemos que os alumnos falen sobre un tema que lles pode interesar, co cal estén familiarizados e forme parte da súa realidade. Tamén practican o diálogo dunha forma espontánea, a formulación de preguntas, o vocabulario dos deportes, as estructuras “me gusta, no me gusta, me aburre, lo odio…”; pensamos que se trata ademais dun bo exercicio de argumentación, e pedímoslles que o recollan por escrito para que fixen mellor os conceptos e vocabulario aprendido.
Por último, a parte de adiviña e recoñecemento é un momento no que podemos ter a toda a clase atenta e entretida xa que podería considerarse un xogo no que eles son os protagonistas; coma un ¿Quién es quién? pero feito a partir deles mesmos e coas súas actividades favoritas.
Unha pequena ampliación
Por último, a parte de adiviña e recoñecemento é un momento no que podemos ter a toda a clase atenta e entretida xa que podería considerarse un xogo no que eles son os protagonistas; coma un ¿Quién es quién? pero feito a partir deles mesmos e coas súas actividades favoritas.
Unha pequena ampliación
Podería ser unha boa idea introducir un pequeno paso: ocórreseme que para espertar a súa curiosidade, antes de iniciar o traballo en parellas vou abrir o tema proxectando (ou pegando no encerado) fotos nas que saio eu practicando distintos deportes: unha foto cunha raqueta de tenis nunha pista, outra cunha pelota de baloncesto nunha cancha, outra facendo senderismo e, por último, unha patinando. Aos alumnos lles resultará gracioso ver á súa profesora fora do papel de maestra e practicando deporte, e esto animaralles a participar e a ir practicando parte do vocabulario que necesitarán para a actividade que vén a continuación.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
Warm Up para un primeiro día de curso
A primeira clase con Ana iniciouse dunha maneira que fíxome recordar o meu verán traballando como monitora de campamento. Presentounos unha actividade warm up pensada para unha primeira clase de curso que consistiu en que cada unha de nós dixera o seu nome seguido da súa lingua preferida, empezando, por suposto, por ela mesma. Pero á que lle tocaba, previamente tiña que repetir tódolos nomes e linguas das compañeiras que lle precederon, en orde. De esta maneira, o grupo coñécese, a base de tanta repetición consegues memorizar os nomes, eles entablan unhas primeiras cercanías (os que coinciden coa mesma lingua predilecta), e mediante a curiosidade e a concentración en memorizar rompes ese ambiente tenso e tímido que sempre atopas o primeiro día.
Sorprendeume tanto porque é un xogo que utilizamos tamén nos campamentos o primeiro día, xunto co Pistolero e outros. E isto faime reflexionar sobre a frase que tanto me repetíu a miña nai cando quixen facerme monitora de tempo libre: "¡¡¡¡Para qué te sirve eso!!!!"
Neste pequeno mes que durou a asignatura, da man de Ana, Carlos e Luz percateime de que unha das características que os converten en tan bos profesores é a súa preocupación polo alumnado, por motivalo, por ofrecerlles actividades lúdicas, por innovar, por inxectalos de enerxía a través de pequenos xogos coma este, que en si son unha tontería, pero conseguen cambiar radicalmente o clima da clase e, con el, o interese e a participación. Mentres nos amosaban as súas caixas, e bolsas, e tódolos recursos dos que dispoñían para amenizar cada exercicio, eu non paraba de recordar xogos que aprendín como monitora e que poden ser perfectamente aproveitados nunha clase co fin de conseguir de esa concepción aburrida da clase.
Da mesma maneira, Luz tamén nos ensinou outro warm up pensado para iniciar un curso que me encantou. Partindo da base de que na primeira sesión os alumnos cubriron unhas fichas falando sobre eles, na segunda sesión a profesora aparece cun crucigrama para que os alumnos o resolvan; e cando comezamos a ler as premisas... ¡decatámonos de que se trata de nós! ¡Nós mesmas! Eramos as protagonistas do xogo, sobre as que debiamos adiviñar de quén se trataba a partir das nosas pequenas peculiaridades. Pareceume incrible, unha manera boísima de coñecernos mellor, de pasalo ben; de novo, un xogo dentro da clase de linguas estranxeiras fixo que alumnas como Lara e mais eu, que somos de español, nos olvidásemos da barreira do idioma.
Con todas estas pequnas mostras de exercicios que Ana e Luz nos trouxeron dos seus institutos aprendimos, como xa dixen, a importancia do factor lúdico; pero tamén outros detalles como involucrarnos como profesoras nestas actividades, o factor sorpresa, a intriga, a dinamicidade (sempre dun lado a outro da clase) e, o máis importante, a necesidade de preparar concienzudamente cada clase dende o comezo ata o final, e cun montón de exercicios extra por si acaso. Pensar nun warm up que cumpla o obxectivo de calentalos, encendelos, e encadear cada actividade de maneira que non sexa unha simple sucesión de exercicios aislados senón que teñan en conta a progresión da aprendizaxe e a necesidade de variar o ritmo.
Explotación de documentos auténticos
Durante os nosos anos como alumnos de inglés, francés, portugués, ou cualquera outro idioma, aprendimos a ler, de forma xeralizada, a partir de textos previamente elaborados e retocados polo noso profesor; é dicir, mediante materiais que chamamos pedagóxicos. Pero, ¿por que non empregar produtos auténticos do idioma? Situacións reais, reflexo da lingua que estamos estudando. Existe un medo xeralizado a esta exposición, que se restrinxe unicamente aos niveis superiores da ensinanza. Pola contra, o emprego de documentos auténticos na ensinanza de linguas é aplicable a tódolos niveis: podemos recurrir a anuncios de búsqueda para a descripción máis básica de persoas, slogans publicitarios, poemas, cancións, citas, calquera produto da lingua que nos resulte de interese para explotalo en clase.
Como exemplo, ofrezo unha viñeta de Snoopy cun pequeno diálogo como punto de partida para unha clase de español dun nivel intermedio.
En primeiro lugar, proxectámoslles aos alumnos esta viñeta pero cos diálogos en branco, e animámoslles a que comenten a imaxe: que ven nela, se recoñecen aos personaxes e por que, que lles suxire a estampa, se lles gustaría atoparse disfrutando placidamente dun momento coma ese, se lles evoca algún recordo, etc. A continuación, pedímoslles que imaxinen de que poderían estar falando Snoopy e Charly e que recollan por escrito ese hipotético diálogo, para despois compartilo cos demais, citándoo agora nun estilo indirecto. Tras este momento de compartir ideas, proxectamos a imaxe co diálogo orixinal, e lles preguntamos que é o que están dicindo (obrigándolles, de novo, a traballar a transformación do estilo directo ao indirecto), que interpretan das súas palabras, e provocaríase así un pequeno exercicio de comprensión máis profunda, da ironía e as mensaxes encubertas. Unha vez entendida a mensaxe de Snoopy, facemos énfase na expresión “Cierto, Charly” e lles proporcionamos e explicamos unha lista de expresións para ofrecer unha opinión, dar a razón ou expresar contrariedade dun modo politicamente correcto. E, por último, abrimos un debate acerca da vida, o vita flumen, dum vivimus, vivamus, carpe diem, e este tipo de filosofías que propoñen un disfrute do presente frente a outras visións como que a vida é un valle de lágrimas, de maneira que compartamos entre todos as nosas curiosidades e perspectivas existenciais, botando man de esas novas expresións aprendidas.
De este modo, creo que a partir dunha simple viñeta, polo menos en apariencia, podemos abarcar durante unha clase dous importantes aspectos da comunicación: o paso de estilo directo a indirecto e a expresión de opinións. Con estos exercicios practícanse ademais dunha forma global as catro destrezas comunicativas que defende o marco: a comprensión tanto oral como escrita e tamén a súa expresión, e todo dun xeito comunicativo, ameno e, incluso, lúdico. En conclusión, creo que o máis positivo de esta proposta é que apunta a un dos factores máis influintes na aprendizaxe de segundas linguas, que é a motivación do alumnado, mediante o factor sorpresa, a evocación de recordos e momentos agradables ou o simple pracer de compartir ideas, inquietudes, imaxinarios e fantasías.
domingo, 8 de xaneiro de 2017
Benvid@s
¡Ola a todas!
Neste blog repararemos acerca das clases de didáctica do máster de formación do profesorado. Resumos, ideas, problemas e calquera outro aspecto que nos poida chamar a atención ou nos pareza interesante terá cabida neste espazo.
¡Aceptamos comentarios e suxerencias!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


