Approche actionnelle, enfoque por tarefas, aprendizaxe baseada en tarefas, task based learning... Podemos referirnos a esta metodoloxía da ensinanza de linguas estranxeiras de moitas maneiras, pero o importante é comprender en que consiste. Unha tarefa...
1. Ten unha finalidade: aprender a L2 como usuarios da mesma
2. Ten unha perspectiva; é un plan de traballo encamiñado a implicar o aprendente no uso da L2 centrado no significado
3. É auténtica; recrean tarefas significativas ou actividades habituais na vida real
4. Mobiliza competencias, a miúdo orais
5. Mobiliza procesos cognitivos
6. Produce un resultado concreto con contido lingüístico na L2
Digamos, por tanto, a grandes rasgos, que o que ten de especial este enfoque é que coas tarefas se suxiren situacións comunicativas, engloba distintas competencias á vez, pero o obxectivo non é a lingua en si, senón a tarefa; a lingua é un instrumento para resolvela, e por iso dicimos que aprendemos a L2 como usuarios da mesma.
Pero para que todo funcione correctamente e a tarefa sirva realmente para desenvolver a aprendizaxe, é necesario organizar tódalas actividades e contidos con sentido. Segundo Nunan, un bo exemplo de secuenciación da tarefa sería o seguinte:
1. Construción de esquemas, pretarefa. Introducir o tema, o contexto, tamén introducir vocabulario e expresións clave necesarias para realizar a tarfea pedagóxica.
2. Práctica controlada. Similar a unha lección tradicional ou audiolingual. Práctica de vocabulario, estruturas e funcións, pero conectada co contexto comunicativo.
3. Escoita. Práctica intensiva da comprensión de audios e vídeos relacionados coas funcións comunicativas mobilizadas pola tarefa final.
4. Exercicios de lingua. Análise dos elementos lingüísticos (morfoloxía, sintaxe, vocabulario, fonética) envolvidos na tarefa. Realízase despois de seren presentados e escoitados.
5. Práctica libre. Déixase atrás a práctica controlada e reprodutiva por actividades de produción oral e escrita libre: xogos de rol, restitución de información, etc.
6. Tarefa pedagóxica. Realízase a tarefa pedagóxica presentada no inicio da secuencia.
Pois agora, propoño un exemplo. Ocórreseme que podería ser unha boa idea traballar as expresións I like / I don't like / I love / I hate conxuntamente co vocabulario da comida. Desta maneira, unha tarefa interesante podería ser, en grupos de dous, organizar unha semana de dieta ao compañeiro. Terían primeiro que preparar a pirámide alimenticia, despois averiguar os gustos da parella e, por último, pensar como compatibilizar estas preferencias cunha dieta equilibrada. E, por último, suxerir a opción de compartir algunha desas comidas e disfrutala xuntos. ¡Que fame!

Parabéns! É uma boa tarefa pedagóxixa. Habería que ver que actividades facilitadoras proporías para chegar ao onxectivo, pero a tarefa está ben formulada.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar