As alumnas de linguas estranxeiras queremos agradecervos o voso esforzo e todo o aprendido. ¡Rematamos as clases cun moi bo sabor de boca!
Amosando publicacións coa etiqueta Luz Valencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Luz Valencia b>. Amosar todas as publicacións
luns, 6 de marzo de 2017
xoves, 2 de febreiro de 2017
Debate: ¿demasiados deberes?
Cada vez que vexo este vídeo se me poñen os pelos de punto ao ver aparecer aos nenos detrás da cortina. Pero, ¿realmente os nenos están tan sobrecargados de traballo? No debate final do curso no que nos reunimos os dous grupos de linguas estranxeiras con Ana e mais Luz, compartimos a nosas distintas percepcións e experiencias. Algunhas compañeiras recordaban os anos de instituto con angustia e con esa sensación de non ter en absoluto tempo para descansar. Eu, pola contra, penso que este vídeo é unha esaxeración aínda que si creo que pode ser que en outros centros a experiencia poida ser distinta da miña.
Considero necesario o traballo extraescolar e que forma unha parte imprescindible da aprendizaxe: cada día, os nenos, deben fixar todo o aprendido pola mañá para que o día seguinte poidan seguir o ritmo e continuar aprendendo máis. Por suposto, dun modo sensato e responsable; os profesores non podemos olvidar que teñen máis materias aparte da nosa.
Non obstante, si hai algunhas cousas coas que estou de acordo co vídeo e que me parecen criticables. Nas vacacións de verán unicamente teñen que seguir traballando aqueles que non o fixeron o suficiente durante o curso e suspenderon; pero as de Nadal e Semana Santa, especialmente estas útlimas, así como as pontes, os alumnos rara vez as poden destinar ao descanso. Pola contra, os profesores aproveitan para cargalos de traballos e exames á volta. Penso que para que os rapaces poidan rendir plenamente durante o curso é necesario que de vez en cando disfruten de tempo para descansar e desconectar, porque se non, terán que facelo en plena semana. E as fins de semana tamén deben ser para eles.
Outra cousa que tamén lembro moi fastidiosa era o reparto de datas para os exames: tódolos profesores querían aproveitar para examinar ata o último minuto da materia e o resultado era que nos últimos tres ou catro días do cuatrimestre tiñamos tódolos exames á vez, chegando a ter tres nun mesmo día. Paréceme unha locura. Non é necesario examinar a materia para asegurarse de que a reteñan; debemos priorizar intereses e vexo máis importante que os rapaces acudan ben preparados aos exames, sen ataques de nervios nin bloqueos ante tal acumulación de probas. É deber dos profesores consensuar as fechas dunha maneira lóxica e ordeada.
Dito esto, tamén quero poñer énfase noutro aspecto importante e influinte neste agotamento e que no vídeo non se menciona, que é o desbordamento de actividades escolares ás que acuden hoxe en día os rapaces. Cando eu era pequena, os meus pais so nos deixaban ao meu irmán e a min acudir a dúas: natación e a que nós elexiramos, e así eu tiven que ir elexindo entre ximnasia rítmica, debuxo, baile e patinaxe, porque todo non o podía facer. Pero agora, fruto da cultura consumista, fruto tamén do interés dos pais por telos ocupados, os rapaces acuden cada día a distintas actividades e clases extra que, loxicamente, agotan aos rapaces e lles restan tempo de traballo.
En resumo e conclusión, como futura docente afirmo que mandarei traballo para casa aos meus alumnos, unhas veces máis e outras menos, pero intentarei ter en conta tamén as súas necesidades de descanso así como as obrigas que poidan ter con outras asignaturas. Unha compañeira mencionou a posibilidade de introducir un taboleiro de deberes na clase, de maneira que os profesores sexan máis conscientes do traballo que teñen os seus alumnos; paréceme unha boa idea, sempre e cando os das primeiras horas non caigan no erro de ocupar eles todo.
Debate: características dun bo profesor
Estos últimos anos estudiei filoloxía española, un grado que me namorou dende o primeiro curso e co cal disfrutei cada asignatura, apaixoada entre a lingua e a literatura. Adoraba calquera temario, dende a literatura medieval ata as vanguardias, dende a fonoloxía ata a pragmática. Pero se disfrutei tanto da carrera foi, en gran medida, gracias a que tiven excelentes profesores. Pola contra, se volvemos á máquina do tempo e retrocedo uns anos máis, sitúome na secundaria e o meu cúmulo de sensacións é máis contradictorio. A moitos dos profesores nin sequera os lembro; algúns fixéronmo pasar verdadeiramente mal, e, afortunadamente, outros deron luz e marcaron positivamente aqueles anos de adolescencia nos que era tan difícil conectar co mundo dos adultos.
Sempre fun unha alumna obediente, respetuosa e traballadora. Non obstante, tamén arrastrei como estudante dúas pequenas sombras ou defectiños que son o "estar pero non estar" (hai un galego na lúa!) e a charlatanería. Son unha persoa tremendamente despistada, tanto cando estou reunida e pasándoo ben, como, máis aún, cando algo me aburre. Por eso, en clase, co paso do tempo, a experiencia ensinoume a tomar algunhas medidas e pequenos trucos para non perder o fío das explicacións (por exemplo, tomar apuntes de absolutamente todo o que se di, sexa ou non pertinente). Sen embargo, bolígrafo en man e folios preparados para a redacción, había algunhas asignaturas (por certo, bastante dispares: bioloxía, latín e antropoloxía) nas que recordo con emoción cómo me negaba a seguir o mesmo ritual de sempre; observaba atentamente aos meus profesores, o seu sorriso, a súa expresión corporal, disfrutaba escoitando cada palabra, a súa xuntura tonal, e por nada do mundo quería perderme nin un momento daquel espectáculo escribindo. Soamente necesitaba sentarme, abrir ben os ollos e mailos oídos, e atender. E agora que me estou preparando para ser unha futura (boa) profesora de español, penso: ¿qué superpoderes tiñan aqueles docentes, que conseguían absorberme durante cincuenta minutos?
Asignaturas, edades e sexos diferentes, pero todos eles compartían unha serie de características. En primeiro lugar, mostrábanse como persoas humanas (valga a redundancia); quero dicir que entraban por clase e saudaban alegres ou expresaban quexumbrosos que tiñan un mal día, pero igualmente se preocupaban por nosotros; eran naturales, humildes, e tratábannos con respecto, sen prexuizosantiadolescentes; creaban un entorno cálido no que calquera comentario era benvido, ningunha duda era tonta, mostraban simpatía e interés por nosotros; eran ese tipo de referentes aos que te atreverías a consultar calquera problema. Traían a lección preparada de casa e conseguían ligar calquera tema coa nosa realidade e os nosos intereses; nestas clases non so se falaba de células, declinacións ou o home das cavernas, senón que traballaban en nosotros un pensamento crítico e todo se relacionaba coas grandes preocupacións humanas e as curiosidades da vida. Se era necesario pararse máis sobre un tema, facíase, e non se molestaban por ello. E, sobretodo, creo que o que máis me enganchaba era a paixón, a paixón que transmitían polos seus coñecementos e a paixón por compartilos con nosotros. Como comecei dicindo ao comezo de esta reflexión, adoro a lingua e a literatura, e oxalá algún día poda compartir e transmitir aos meus alumnos toda a beleza, a utilidade e a maxia que sinto ao traballar este tema, así como servirlles de guía e apoio sempre que o necesiten.
martes, 31 de xaneiro de 2017
O que necesito para aprobar fronte ao que necesito para saber
Todos estamos de acordo en que como realmente se demostra a destreza dunha lingua é na oralidade, ao falar, ao manter unha conversación. O nivel de soltura, de comprensión, a correcta pronunciación, o coñecemento da pragmática. Eso é para nós, como seres sociais, o máis importante. Pero, ¿realmente é o máis importante, ou é que inconscientemente, como é a última das destrezas que se adquire, elexímola porque con ela van incluidas tamén as competencias escritas? Pode que este feito nos leve lixeiramente a engano ao afirmar que a competencia oral é a máis importante, pero se tivésemos que elexir entre saber falar ou saber ler e escribir nunha lingua estranxeira, todos, ou a meirande parte da poboación mundial, elexiríamos poder conversar. Isto é porque queremos a lingua para socializar, e a nosa principal forma de relacionarnos é en persoa, mediante a fala. De feito, ata o século pasado había todavía un alto grado de analfabetismo na poboación e, sen embargo, isto non lles suponía o mesmo inconvinte que podería xerar nacer sordomudo. Certo é que agora, coas novas tecnoloxías, dise que as relacións estanse dixitalizando e mediante resursos como as redes sociais e as mensaxes instantáneas botamos man das competencias escritas, pero ainda así, sego a pensar que preferimos a oralidade.
Pois ben, tras esta pequena reflexión acerca das nosas preferencias á hora de aprender unha segunda lingua, agora lanzo unha pregunta: ¿e que é o que nos ensinan na escola, nos doce anos que estudamos inglés? Pois maioritariamente, a competencia escrita, así como nocións abstractas de gramática e sintaxe. ¡Como non nos imos frustrar, se despois de tanto tempo non nos ensinan a falar! Está claro que é necesario un cambio, e dende hai uns anos xa se está tratando de conseguilo, especialmente nas academias. ¿E por que non na escola? Pola necesidade de avaliación.
Cada curso, os profesores de linguas estranxeiras vense na obriga de ter que avaliar aos seus alumnos mediante unha cifra numérica. Por costume e tradición, esa cifra correspóndese cos resultados dun exame escrito (ou varios), e todo o que o alumno demostrara de forma oral nas clases ao longo do curso unicamente incide nesa cifra para redondear os decimais. ¿Cal é o obxectivo? Que os rapaces aprendan inglés. ¿Como medimos se o obxectivo se cumple? Mediante exames. ¿Que avaliamos nos exames? A competencia escrita e lectora. Por tanto, a docencia vai destinada a desenvolver estas destrezas, descuidando as orais, que non son avaliadas.
Deixando de lado o debate de que forma é a adecuada para avaliar a aprendizaxe (exames finais frente ao traballo continuo), vemos que o sistema de avaliación é o que xerarquiza e prioriza as destrezas escritas frente ás orais, e por eso tras tantos anos e máis anos de estudo non sabemos falar inglés. Penso que unha posible solución sería replantexar a metodoloxía didáctica: por un lado, eliminaría os exames, que nesta materia so serven para crear tensión e condicionar a aprendizaxe; por outro lado, invertiría máis tempo en avaliar as competenciais orais e, por tanto, en traballalas. Unha asignatura tan dinámica como é aprender unha lingua estranxeira ofrece infinitas posibilidades de actividades avaliables de carácter práctico, para calquera das catro destrezas e de forma integrada.
xoves, 26 de xaneiro de 2017
Actividade a partir dunha foto
A miña compañeira Lara e mais eu propoñemos unha actividade dirixida a alumnos do segundo ciclo da E.S.O (3º y 4º). A idea é chegar a clase e proxectar esta imaxe (supoñendo que o colegio dispón de material tecnolóxico; de non ser así, imprimiriamos un pequeno póster e o colocariamos no encerado).
Unha vez exposta a imaxe, presentamos o tema: “encántame o deporte, intento practicar algún entre 3 e 4 veces por semana. Moitos de eles requiren dalgún instrumento particular para poder realizalo. ¿Que deportes practicades vos? E se non practicades ningún, ¿cal vos gustaría practicar? E se non vos gusta o deporte, expoñede o motivo. En parellas ídesvos facer estas preguntas”.
Deixámoslles tempo suficiente para que dialoguen (10 min) e avisámoslles de que deben prestar atención ás respostas obtidas xa que despois terán que recollelas nunha folla e compartilas co resto da clase, para que estes intenten adiviñar de quen se trata.
Con esta actividade pretendemos que os alumnos falen sobre un tema que lles pode interesar, co cal estén familiarizados e forme parte da súa realidade. Tamén practican o diálogo dunha forma espontánea, a formulación de preguntas, o vocabulario dos deportes, as estructuras “me gusta, no me gusta, me aburre, lo odio…”; pensamos que se trata ademais dun bo exercicio de argumentación, e pedímoslles que o recollan por escrito para que fixen mellor os conceptos e vocabulario aprendido.
Por último, a parte de adiviña e recoñecemento é un momento no que podemos ter a toda a clase atenta e entretida xa que podería considerarse un xogo no que eles son os protagonistas; coma un ¿Quién es quién? pero feito a partir deles mesmos e coas súas actividades favoritas.
Unha pequena ampliación
Por último, a parte de adiviña e recoñecemento é un momento no que podemos ter a toda a clase atenta e entretida xa que podería considerarse un xogo no que eles son os protagonistas; coma un ¿Quién es quién? pero feito a partir deles mesmos e coas súas actividades favoritas.
Unha pequena ampliación
Podería ser unha boa idea introducir un pequeno paso: ocórreseme que para espertar a súa curiosidade, antes de iniciar o traballo en parellas vou abrir o tema proxectando (ou pegando no encerado) fotos nas que saio eu practicando distintos deportes: unha foto cunha raqueta de tenis nunha pista, outra cunha pelota de baloncesto nunha cancha, outra facendo senderismo e, por último, unha patinando. Aos alumnos lles resultará gracioso ver á súa profesora fora do papel de maestra e practicando deporte, e esto animaralles a participar e a ir practicando parte do vocabulario que necesitarán para a actividade que vén a continuación.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
Warm Up para un primeiro día de curso
A primeira clase con Ana iniciouse dunha maneira que fíxome recordar o meu verán traballando como monitora de campamento. Presentounos unha actividade warm up pensada para unha primeira clase de curso que consistiu en que cada unha de nós dixera o seu nome seguido da súa lingua preferida, empezando, por suposto, por ela mesma. Pero á que lle tocaba, previamente tiña que repetir tódolos nomes e linguas das compañeiras que lle precederon, en orde. De esta maneira, o grupo coñécese, a base de tanta repetición consegues memorizar os nomes, eles entablan unhas primeiras cercanías (os que coinciden coa mesma lingua predilecta), e mediante a curiosidade e a concentración en memorizar rompes ese ambiente tenso e tímido que sempre atopas o primeiro día.
Sorprendeume tanto porque é un xogo que utilizamos tamén nos campamentos o primeiro día, xunto co Pistolero e outros. E isto faime reflexionar sobre a frase que tanto me repetíu a miña nai cando quixen facerme monitora de tempo libre: "¡¡¡¡Para qué te sirve eso!!!!"
Neste pequeno mes que durou a asignatura, da man de Ana, Carlos e Luz percateime de que unha das características que os converten en tan bos profesores é a súa preocupación polo alumnado, por motivalo, por ofrecerlles actividades lúdicas, por innovar, por inxectalos de enerxía a través de pequenos xogos coma este, que en si son unha tontería, pero conseguen cambiar radicalmente o clima da clase e, con el, o interese e a participación. Mentres nos amosaban as súas caixas, e bolsas, e tódolos recursos dos que dispoñían para amenizar cada exercicio, eu non paraba de recordar xogos que aprendín como monitora e que poden ser perfectamente aproveitados nunha clase co fin de conseguir de esa concepción aburrida da clase.
Da mesma maneira, Luz tamén nos ensinou outro warm up pensado para iniciar un curso que me encantou. Partindo da base de que na primeira sesión os alumnos cubriron unhas fichas falando sobre eles, na segunda sesión a profesora aparece cun crucigrama para que os alumnos o resolvan; e cando comezamos a ler as premisas... ¡decatámonos de que se trata de nós! ¡Nós mesmas! Eramos as protagonistas do xogo, sobre as que debiamos adiviñar de quén se trataba a partir das nosas pequenas peculiaridades. Pareceume incrible, unha manera boísima de coñecernos mellor, de pasalo ben; de novo, un xogo dentro da clase de linguas estranxeiras fixo que alumnas como Lara e mais eu, que somos de español, nos olvidásemos da barreira do idioma.
Con todas estas pequnas mostras de exercicios que Ana e Luz nos trouxeron dos seus institutos aprendimos, como xa dixen, a importancia do factor lúdico; pero tamén outros detalles como involucrarnos como profesoras nestas actividades, o factor sorpresa, a intriga, a dinamicidade (sempre dun lado a outro da clase) e, o máis importante, a necesidade de preparar concienzudamente cada clase dende o comezo ata o final, e cun montón de exercicios extra por si acaso. Pensar nun warm up que cumpla o obxectivo de calentalos, encendelos, e encadear cada actividade de maneira que non sexa unha simple sucesión de exercicios aislados senón que teñan en conta a progresión da aprendizaxe e a necesidade de variar o ritmo.
martes, 24 de xaneiro de 2017
Educar en valores
Chegamos a clase como profesoras e rapidamente dividimos ao alumnado en dous grupos; a cada un entregámoslle un papel distinto, e pedímoslles que mediten ben sobre el antes de atreverse a enunciar unha descrición ante os demais. ¿Que vos parece?
Así comezamos unha das nosas clases con Luz. Nun primeiro momento, desconcertadas, non entendiamos ben o obxectivo do exercicio. Pero despois comprendimos que a partir desta actividade recurrimos a toda unha serie de vocabulario referente á cor, á textura, ao olor, o tamaño, así como o emprego de expresións de opinión e de probabilidade. Practicamos a lingua, unha vez máis, mediante unha actividade que non fixaba o foco de atención no propio idioma senón en algo que se nos presentou dunha maneira atractiva, mediante a intriga e o efecto sorpresa: ao rematar, Luz explicounos a orixe de cada un dos papeis. Un fora creado a partir dun tipo de pedra, e o outro a partir de excrementos de alce. Quedamos abraiadas, tanto polo efecto escatolóxico como pola textura tan distinta e especial do que proviña da pedra: ese papel volvíase flexible, pero á vez era duro e difícil de romper, e tiña un olor ácido. Resultounos incrible, e o mellor de todo era que ambos procedían dun proceso de reciclaxe.
É importante aproveitar as nosas clases para introducir outro tipo de contidos tan importantes como pode ser, neste caso, a ecoloxía. Un tema de actualidade, pertinente, que forma parte da súa realidade e que é importante que tomen conciencia sobre el. A educación en valores non ten a sorte de constituír unha asignatura propia pero penso que é a nosa responsabilidade atoparlle un lugar dentro da nosa. O patriarcado, a homofobia, o clasismo e racismo, o respeto aos maiores, a sexualidade, o manexo responsable das TICs, ... existen infinitos temas que poden funcionar como exe das nosas clases e a partir dos cales crear as actividades. Propoño o seguinte exemplo:
Comezamos a clase pedindo unha chuvia de ideas de todo o que nos suxire a vellez (vocabulario descriptivo da personalidade, de estados de ánimo, de actividades); a continuación, proxectamos un pequeno vídeo que reflicta a exclusión social e a soidade que padecen os nosos avós (exercicio de comprensión auditiva); despois, reflexionamos sobre aqueles aspectos que deberiamos cambiar (expresión de consellos e obrigas); e, por último, traballamos sobre a construcción de enunciados políticamente correctos, quero dicir, sobre as diferentes formas en que se poden dicir as cousas para non resultar insensibles ou ameazantes (expresións de cortesía). Esto é so un pequeno esbozo dunha posible idea a levar a cabo, pero penso que pode ser suficiente para demostrar que a ensinanza dunha segunda lingua é perfectamente compatible cunha educación en valores.
luns, 9 de xaneiro de 2017
A corrección do erro
Unha das nosas maiores preocupacións como futuras docentes é como tratar os erros: cales correxir e cales non, en que momento, en público ou en privado... Tememos ser tan estrictas que provoquemos frustración nos alumnos, pero tamén nos preocupa que unha actitude máis relaxade lles leve a procesos de fosilicación. O Centro Virtual Cervantes nos ofrece unha pequena reflexión acerca de este tema:
Como vemos, tradicionalmente insistíase moito na corrección dos erros formais, aínda que a mensaxe se entendese, sen respetar os tempos naturais do proceso de aprendizaxe. Así como nos bebés nos concentramos primeiro en que aprendan o significado das palabras e permitimos que eles mesmos vaian creando as súas regras pouco a pouco, cometendo moitos erros gramaticais (*la agua, no *cabo), erros que demostran que están asimilando regras xerais da lingua, cos adultos que aprenden unha segunda lingua tendemos a ser máis estrictos e a censurar este tipo de erros mediante a corrección ou, mesmo, a burla. O resultado dunha actitude tan pouco comprensiva é que o noso alumno se frustre, se avergoñe, e non se atreva a seguir practicando por medo a máis correccións. Pensará que non ten nin idea, que non sabe falar, a pesar de que moi posiblemente, pese as incorreccións, se lle entenda.
O erro é un compoñente totalmente necesario no proceso de aprendizaxe. Para que un alumno chegue a falar con corrección, primeiramente debe pasar pola práctica cargada de erros (os propios nativos cometemos continuamente erros); é a nosa labor conseguir xerarquizalos e tratalos dun xeito motivador, no que eles mesmos tomen parte nesa corrección (por exemplo, mañana fui al cine - ¿ayer fuiste al cine? - mañana iré al cine) e sintan que están aprendendo.
domingo, 8 de xaneiro de 2017
Benvid@s
¡Ola a todas!
Neste blog repararemos acerca das clases de didáctica do máster de formación do profesorado. Resumos, ideas, problemas e calquera outro aspecto que nos poida chamar a atención ou nos pareza interesante terá cabida neste espazo.
¡Aceptamos comentarios e suxerencias!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



