"É que o profe me suspendeu"
¿Verdade que esta frase se nos fai coñecida? Por suposto que é o alumno o que suspende, pero as veces non resulta extraño que os alumnos pensen que foi o profesor, xa que a avaliación con frecuencia carece de explicación.
A avaliación é unha parte fundamental do ensino e, sen embargo, moitas veces resulta ser a gran olvidada. Os profesores reúnense e poñen empeño en pensar os contidos das asignaturas, que será o máis importante, tipos de actividades... pero, ¿e a avaliación? ¿Adícaselle realmente a atención e mailo tempo que merece e necesita? Unha vez máis, tirarei da miña experiencia como alumna...
O principal e tradicional método de avaliación empregado no meu instituto (e atrévome a dicir que tamén nos demais, en xeral) sempre foron os exames, xa fosen parciais ou finais; pero ó fin e ó cabo exames, individuais, separados dos nosos compañeiros, con ese silencio que retumbaba e a mirada acechadora do profesor. Por suposto a propia palabra exame denota por si soa unha chea de connotacións negativas: nervios, xógaste o traballo de todo un trimestre neses minutos, tes o tempo xusto, ai como te esquezas de algo... Nese exame, concretamente no de inglés, examinábannos de aspectos que hoxe en día, cada vez que necesito comunicarme en inglés, non necesito para nada. Pola contra, nunca examinaron a miña expresión oral. Aos profesores non lles gustaba darnos pistas sobre o que entraría no exame e era todo un acontecemento que algún nos indicase os puntos máis importantes sobre os que debíamos profundizar. E ben, finalmente, cando che devolvían o exame corrixido (algúns nin sequera cho ensinaban, soamente dictaban as notas e se querías velo tiñas que solicitalo explícita e valentemente), unha gran parte dos profesores limitábanse unicamente a tachar, poñer B ou M. Fin. Nin explicacións, nin ánimos, nin consellos para mellorar, felicitacións, comentarios ... Tiñas que mirar polos exames dos demais e investigar que era o correcto.
Pero, ¿como pode ser esto certo? Hai dez anos tíñao máis que asumido, pero agora que me estou preparando para ser profesora paréceme unha burla ao alumnado, unha maneira de poñer as cousas difíciles porque si e punto. Lembro unha profesora que sempre nos recordaba o difícil que ela o tivera para poder estudar, e que nós, pola contra, eramos uns vagos, e con ese prexuizo sentíase no dereito de non darnos ningún tipo de facilidades. ¿Pero realmente é malo dar estas "facilidades"? ¿É mellor, pola contra, ocultar o teu sistema de avaliación? ¿Que pretendemos cazar?
Penso que o primeiro punto básico nun bo sistema de avaliación é a súa claridade e accesibilidade. Un profesor debe ter definidos os seus criterios e ferramentas de avaliación e explicarllos ao alumnado dende o comezo do curso, para que de esta maneira comprendan que é importante, onde deben enfocar os seus esforzos, e dalgunha maneira sentir que controlan a súa aprendizaxe. Ademais, en clase tamén vimos outros aspectos fundamentais:
- As ferramentas de avaliación. Se non empregamos rúbricas, listas de control, follas de observación ou outros tipos de recursos deste tipo, dificilmente poderemos ofrecer unha avaliación obxectiva e cualitativa por igual para todos os alumnos.
- A validez. Cómpre garantir que avaliamos o que foi aprendido e que a información recollida da unha imaxe exacta da competencia dos estudantes.
- A fiabilidade. Dous estudantes do mesmo nivel deberán ter o mesmo resultado coas mesmas probas.
- A factibilidade, tanto no que respecta ao tempos, como ao número de mostras recollidas e o número de criterios de avaliación.
Como futura profesora de linguas estranxeiras sen experiencia, imaxino unha avaliación progresiva na que se teña en conta o traballo do día a día, pero non mediante exames. Este tipo de probas restrinxiríaas para o final, soamente para aqueles que non lograsen o aprobado mediante o seu traballo continuo. O que si me parecería unha boa actividade sería pedirlles aos alumnos, como tarefa, que eles mesmos deseñasen un exame e avaliaran a un compañeiro. Desta maneira reflexionarían sobre os aspectos aprendidos, en que situacións explotalos, como avalialos, etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario