A primeira clase con Ana iniciouse dunha maneira que fíxome recordar o meu verán traballando como monitora de campamento. Presentounos unha actividade warm up pensada para unha primeira clase de curso que consistiu en que cada unha de nós dixera o seu nome seguido da súa lingua preferida, empezando, por suposto, por ela mesma. Pero á que lle tocaba, previamente tiña que repetir tódolos nomes e linguas das compañeiras que lle precederon, en orde. De esta maneira, o grupo coñécese, a base de tanta repetición consegues memorizar os nomes, eles entablan unhas primeiras cercanías (os que coinciden coa mesma lingua predilecta), e mediante a curiosidade e a concentración en memorizar rompes ese ambiente tenso e tímido que sempre atopas o primeiro día.
Sorprendeume tanto porque é un xogo que utilizamos tamén nos campamentos o primeiro día, xunto co Pistolero e outros. E isto faime reflexionar sobre a frase que tanto me repetíu a miña nai cando quixen facerme monitora de tempo libre: "¡¡¡¡Para qué te sirve eso!!!!"
Neste pequeno mes que durou a asignatura, da man de Ana, Carlos e Luz percateime de que unha das características que os converten en tan bos profesores é a súa preocupación polo alumnado, por motivalo, por ofrecerlles actividades lúdicas, por innovar, por inxectalos de enerxía a través de pequenos xogos coma este, que en si son unha tontería, pero conseguen cambiar radicalmente o clima da clase e, con el, o interese e a participación. Mentres nos amosaban as súas caixas, e bolsas, e tódolos recursos dos que dispoñían para amenizar cada exercicio, eu non paraba de recordar xogos que aprendín como monitora e que poden ser perfectamente aproveitados nunha clase co fin de conseguir de esa concepción aburrida da clase.
Da mesma maneira, Luz tamén nos ensinou outro warm up pensado para iniciar un curso que me encantou. Partindo da base de que na primeira sesión os alumnos cubriron unhas fichas falando sobre eles, na segunda sesión a profesora aparece cun crucigrama para que os alumnos o resolvan; e cando comezamos a ler as premisas... ¡decatámonos de que se trata de nós! ¡Nós mesmas! Eramos as protagonistas do xogo, sobre as que debiamos adiviñar de quén se trataba a partir das nosas pequenas peculiaridades. Pareceume incrible, unha manera boísima de coñecernos mellor, de pasalo ben; de novo, un xogo dentro da clase de linguas estranxeiras fixo que alumnas como Lara e mais eu, que somos de español, nos olvidásemos da barreira do idioma.
Con todas estas pequnas mostras de exercicios que Ana e Luz nos trouxeron dos seus institutos aprendimos, como xa dixen, a importancia do factor lúdico; pero tamén outros detalles como involucrarnos como profesoras nestas actividades, o factor sorpresa, a intriga, a dinamicidade (sempre dun lado a outro da clase) e, o máis importante, a necesidade de preparar concienzudamente cada clase dende o comezo ata o final, e cun montón de exercicios extra por si acaso. Pensar nun warm up que cumpla o obxectivo de calentalos, encendelos, e encadear cada actividade de maneira que non sexa unha simple sucesión de exercicios aislados senón que teñan en conta a progresión da aprendizaxe e a necesidade de variar o ritmo.
Recorda, Iria, a diferencia antre exercicio e actividade. Nin Ana nin eu propoñemos exercicios, sempre actividades. Parece unha tontería, pero hai que aprender a manexar o vocabulario didáctico.
ResponderEliminarFun alternando os termos co fin de non repetir sempre a mesma palabra pero tes razón, non debería sustituilos coma se significasen o mesmo.
EliminarEsa medio pregunta medio exclamación da túa nai ¡para qué te sirve eso! é o que debemos ter en conta sempre que plantexemos unha actividade para os nosos alumnos, o obxectivo. Alégrome que te gustaran as actividades propostas.
ResponderEliminar