xoves, 2 de febreiro de 2017

Debate: ¿demasiados deberes?




Cada vez que vexo este vídeo se me poñen os pelos de punto ao ver aparecer aos nenos detrás da cortina. Pero, ¿realmente os nenos están tan sobrecargados de traballo? No debate final do curso no que nos reunimos os dous grupos de linguas estranxeiras con Ana e mais Luz, compartimos a nosas distintas percepcións e experiencias. Algunhas compañeiras recordaban os anos de instituto con angustia e con esa sensación de non ter en absoluto tempo para descansar. Eu, pola contra, penso que este vídeo é unha esaxeración aínda que si creo que pode ser que en outros centros a experiencia poida ser distinta da miña.

Considero necesario o traballo extraescolar e que forma unha parte imprescindible da aprendizaxe: cada día, os nenos, deben fixar todo o aprendido pola mañá para que o día seguinte poidan seguir o ritmo e continuar aprendendo máis. Por suposto, dun modo sensato e responsable; os profesores non podemos olvidar que teñen máis materias aparte da nosa.

Non obstante, si hai algunhas cousas coas que estou de acordo co vídeo e que me parecen criticables. Nas vacacións de verán unicamente teñen que seguir traballando aqueles que non o fixeron o suficiente durante o curso e suspenderon; pero as de Nadal e Semana Santa, especialmente estas útlimas, así como as pontes, os alumnos rara vez as poden destinar ao descanso. Pola contra, os profesores aproveitan para cargalos de traballos e exames á volta. Penso que para que os rapaces poidan rendir plenamente durante o curso é necesario que de vez en cando disfruten de tempo para descansar e desconectar, porque se non, terán que facelo en plena semana. E as fins de semana tamén deben ser para eles.

Outra cousa que tamén lembro moi fastidiosa era o reparto de datas para os exames: tódolos profesores querían aproveitar para examinar ata o último minuto da materia e o resultado era que nos últimos tres ou catro días do cuatrimestre tiñamos tódolos exames á vez, chegando a ter tres nun mesmo día. Paréceme unha locura. Non é necesario examinar a materia para asegurarse de que a reteñan; debemos priorizar intereses e vexo máis importante que os rapaces acudan ben preparados aos exames, sen ataques de nervios nin bloqueos ante tal acumulación de probas. É deber dos profesores consensuar as fechas dunha maneira lóxica e ordeada.

Dito esto, tamén quero poñer énfase noutro aspecto importante e influinte neste agotamento e que no vídeo non se menciona, que é o desbordamento de actividades escolares ás que acuden hoxe en día os rapaces. Cando eu era pequena, os meus pais so nos deixaban ao meu irmán e a min acudir a dúas: natación e a que nós elexiramos, e así eu tiven que ir elexindo entre ximnasia rítmica, debuxo, baile e patinaxe, porque todo non o podía facer. Pero agora, fruto da cultura consumista, fruto tamén do interés dos pais por telos ocupados, os rapaces acuden cada día a distintas actividades e clases extra que, loxicamente, agotan aos rapaces e lles restan tempo de traballo.

En resumo e conclusión, como futura docente afirmo que mandarei traballo para casa aos meus alumnos, unhas veces máis e outras menos, pero intentarei ter en conta tamén as súas necesidades de descanso así como as obrigas que poidan ter con outras asignaturas. Unha compañeira mencionou a posibilidade de introducir un taboleiro de deberes na clase, de maneira que os profesores sexan máis conscientes do traballo que teñen os seus alumnos; paréceme unha boa idea, sempre e cando os das primeiras horas non caigan no erro de ocupar eles todo.

5 comentarios:

  1. Unha vez máis, estou dacordo contigo. Cando se fala cos pais e nais que protestan pola cantidade de traballo para casa nunca fan un exercicio de "mea culpa" pola cantidade de actividades extra. Tamén sei que en segun que centros hai máis ou menos carga de deberes, pero tamén é certo que os pais poden escoller que sistema prefiren para os seus fillos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí, cando penso en cómo tratan moitas veces os pais aos profesores hoxe en día, a imaxe que teñen deles e todo o que esixen, sempre me lembro desta viñeta que agora non son capaz de pegar aquí, pero que compara dúas imaxes: unha de 1969 na que aparecen unha profesora, uns pais preguntándolle ao fillo "c'est quoi ces notes?" e o rapaz cun xesto de humillación; frente a outra imaxe de 2009 na que aparece o rapaz moi orgulloso, os pais moi enfadados preguntándolle esa mesma frase á profesora, e agora é a profesora a humillada

      Eliminar
  2. Estoy totalmente de acuerdo contigo Iria. Opino que la tarea es necesaria, la disciplina, el hecho de tener siempre alguna cosa que hacer en casa. Esto conlleva algo mucho más importante que el hecho de ejercitarse o memorizar y es el hecho de tener constancia, hábito de trabajo y disciplina.

    ResponderEliminar
  3. Estoy totalmente de acuerdo contigo Iria. Opino que la tarea es necesaria, la disciplina, el hecho de tener siempre alguna cosa que hacer en casa. Esto conlleva algo mucho más importante que el hecho de ejercitarse o memorizar y es el hecho de tener constancia, hábito de trabajo y disciplina.

    ResponderEliminar
  4. Ya sabeis una de mis frases preferidas "In medio virtus"

    ResponderEliminar